Londres
Londres , a meca do misterioso e das aventuras , dende Sherlock ata o axente 007 pasando por Jack o destriador e moitos outros ; e porque non o próximo que lugar que visitar .
Sobran os motivos para elixir esta cidade como o obxetivo do seu próximo viaxe e hai moitas e moi variadas actividades , monumentos , museos , puntos de interese para todo tipo de fanáticos , rúas cheas de tendas …
Para facer máis amena a lista do que facer , e sabendo que dependendo dos teus gustos visitarás unhas cousas ou outras , dende Time for travel decidimos marcar os puntos indispensables do seu periplo por esta máxica capital .
- Os museos : British Museum ,the National Gallery, the Tate Modern , National History Museum, Science Museum London, e o V&A Museum of Childhood.
- Os mercados de Portobello e Camden.
- O St. Jame’s Park.
- O barrio chino , Oxford Street e o Covent Garden.
- As prazas de Picadilly , a de Trafalgar e a St. James
- O London Eye.
- O Palacio de Westminster , o Big Ben , o Tower Bridge , a Abadía de Westminster ,a Torre de Londres e a Catedral de San Pablo
En canto ao aloxamento poderás escoller entre milleiros de hoteis mais o máis importante á hora de elixir debe ser sempre a súa situación e se ten cerca transporte público ( autobuses , metro … ) é por isto que é recomendable perder un pouco na calidade do hotel para gañar nunha boa situación .
Viaxar por Londres non será problema debido á gran variedade de transportes que hai para elixir e se nos gusta viaxar podemos visitar algunhas cidades cercanas como Oxford , Cambridge …
Madeira
Un novo ano sempre ben acompañado de novos propósitos e novos proxectos , pois dende Time for travel invitámosche a pensar nun novo destino para as túas vacacións , Madeira .
A exótica illa situada no Oceáno Atlántico conta con todo o necesario para pasar as mellores vacacións da túa vida : hermosos paisaxes ( naturais e urbáns ) , trepidantes aventuras ( senderismo , buceo … ) ….

Esta illa conta con varios focos turísticos importantes mais o máis importante ( e a capital da mesma ) é Funchal , cunha poboación de 111.541 persoas e con diversos monumentos , xardíns e prazas que serán un deleite visual .
Debido a que é unha illa só poderemos acceder por avión ou por barco sendo a primeira a opción máis común e barata .
Ademáis o aloxamento ten moi boa relación calidade-prezo podéndote aloxar en diversos hoteis , apartamentos ou vivendas vacionais nos que poderas escoller entre diversas gamas de prezo dende os lugares máis humildes ata mansións propias dos mundos oníricos .
Por outra banda moverse na illa é sencillo e de formas moi diversas dende a bicicleta , o cohe , o autobús e mesmo ir andando para os máis aventureiros . A rede de transporte público é longa , accesible e chega a todos os puntos da illa .
