Un novo ano sempre ben acompañado de novos propósitos e novos proxectos , pois dende Time for travel invitámosche a pensar nun novo destino para as túas vacacións , Madeira .
A exótica illa situada no Oceáno Atlántico conta con todo o necesario para pasar as mellores vacacións da túa vida : hermosos paisaxes ( naturais e urbáns ) , trepidantes aventuras ( senderismo , buceo … ) ….

Esta illa conta con varios focos turísticos importantes mais o máis importante ( e a capital da mesma ) é Funchal , cunha poboación de 111.541 persoas e con diversos monumentos , xardíns e prazas que serán un deleite visual .
Debido a que é unha illa só poderemos acceder por avión ou por barco sendo a primeira a opción máis común e barata .
Ademáis o aloxamento ten moi boa relación calidade-prezo podéndote aloxar en diversos hoteis , apartamentos ou vivendas vacionais nos que poderas escoller entre diversas gamas de prezo dende os lugares máis humildes ata mansións propias dos mundos oníricos .
Por outra banda moverse na illa é sencillo e de formas moi diversas dende a bicicleta , o cohe , o autobús e mesmo ir andando para os máis aventureiros . A rede de transporte público é longa , accesible e chega a todos os puntos da illa .
